Exaltación da carne de poldro e do gando cabalar esta fin de semana en Muras

Exaltación da carne de poldro e do gando cabalar esta fin de semana en Muras

Cabalos da Gandería O Porto na Serra do Xistral, en Muras.

O concello lucense de Muras converterase esta fin de semana na capital do sector equino galego, cunha ampla oferta gastronómica, cultural e deportiva arredor do mundo do cabalo.

A xornada de mañá sábado, comezará pola mañá cun roteiro de “Observación de cabalos no Xistral”. Pola tarde, continuarán as actividades con xogos ecuestres e olimpiadas rurais, organizadas pola Asociación Atila. Será ás 18:00 horas, e xa pola tardiña, ás 20:00 horas haberá petiscos con animación musical.

O domingo celébrase a XXX Feira do Poldro e do Gando do Monte

Pero o prato forte será o domingo 24 coa XXX Feira do Poldro e do Gando do Monte, que inclúe un amplo programa para todos os públicos con exposición de razas autóctonas, de maquinaria agrícola, postos de artesanía e alimentación ou unha exposición fotográfica polos trinta anos da feira.

O programa é o seguinte:

-10:00 horas: Apertura da feira.

-10 a 11:00 horas: Calificación do gando.

-11 a 14:00 horas: Actividades infantís.

-11 a 19:00 horas: Paseos a cabalo para os máis pequenos.

-11:30 a 13:00 horas: Exhibición canina e obradoiro de disco.

-12:00 horas: Recoñecemento polos trinta anos de feira.

-12:30 a 14:30 horas: Presentación e degustación da “Hamburguesa Gañidoira”, na carpa do Concello.

-16:00 a 17:00 horas: Concurso morfolóxico de cabalos de Pura Raza Galega (Puraga).

-17:00 horas: Exhibición de andadura libre, por parte de Puraga.

-17:30 a 19:00 horas: Carreira de cabalos, organizada pola asociación Atila.

-19:00 horas: Entrega de premios.

Degustación de carne de poldro

Ademais, o sábado e o domingo continuarán as III Xornadas de Degustación de Carne de Poldro, una produto de alto valor nutritivo que está recuperando o seu consumo.

A degustación é gratuíta nos seguintes establecementos: Café Bar A Volta, Café Bar Santi e Picapán Casa Vituco. Entre as persoas que degusten as tapas nos establecementos colaboradores participarán no sorteo dunha entrada ao clube termal Spa Attica 21 de Vilalba, con comida ou cea incluída.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información