Este fin de semana celébrase en Curtis a Festa de Exaltación dos Cogomelos

Este fin de semana celébrase en Curtis a Festa de Exaltación dos Cogomelos

O concello coruñés de Curtis promocionará este fin de semana, 27 e 28, un dos seus produtos estrela, o cogomelo e as ducias de variedades que medran nos seus montes na XIX Exaltación dos Cogomelos en Teixeiro.

Organizada desde a área de Promoción Económica do Concello, incluirá un ano máis accións de impulso da hostalaría, o comercio e a música popular, ao mesmo tempo que incidirá nos aspectos didácticos con expertos e con saídas ao monte co fin de programar unha oferta variada para os centos de afeccionados á micoloxía e aos amantes da gastronomía relacionada con este produto.

Así, durante ese fin de semana, a vintena de locais de hostalaría de Curtis e Teixeiro que se sumaron á ruta gastronómica ofrecerán a oportunidade de degustar distintas tapas, petiscos e pratos elaborados con cogomelos, desde os máis tradicionais aos máis arriscados.

Charlas sobre micoloxía e saídas ao monte para recoller cogumelos

Ademais, os visitantes poderán coñecer o mellor comercio de Teixeiro xa que a Asociación de Comerciantes organizará a súa V Feira Local, para a que instalará unha gran carpa na Praza de España con decenas de expositores.

O sábado será a xornada para as charlas micolóxicas, que se impartirán ás 10.00 horas no salón de plenos do Concello, antes da saída ao monte á procura de cogomelos dirixida por expertos micólogos da Asociación Pan do Raposo, á que están convidadas a participar todas as persoas interesadas.

Pola tarde, ás 20.00 horas, celebrarase o V Dakar Ghaiteiro, e a partir das 22.00 horas, a VIII Ruada de Teixeiro, organizada pola asociación cultural Faragulla en casa Miraz, con distintos grupos de cante e baile tradicionais.

Descarga aquí o programa completo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información