Este domingo celébrase a “Feira do Queixo de Friol e do Pan de Ousá”

Este domingo celébrase a “Feira do Queixo de Friol e do Pan de Ousá”

O concello lucense de Friol celebra este domingo, 25 de marzo, unha nova edición da Feira do Queixo de Friol e do Pan de Ousá, unha cita ineludible para os amantes da gastronomía galega, que este ano xa chega á edición número 26.

Sobre 25 queixeiras e cinco panadarías confirmaron a súa presenza ese día, aumentando o número de participantes con respecto a edicións pasadas. A feira celebrarase, como cada ano, no recinto feiral, baixo unha gran carpa.

O alcalde de Friol, José Antonio Santos, calcula que sobre dez mil pezas de queixo poranse á venda, do mesmo xeito que máis de tres mil de pan de Ousá, con prezos no caso do queixo de entre sete e dez euros o quilo e do pan a 2,40 a peza.

Este é o programa da festa:

-10:00 horas: comezo da feira.
-10:30 horas: asignación de casetas.
-11:30 horas: Apertura da feira. Pasarúas e charangas: “Xesta Verde”, de Friol, e a Charanga de Vilalba.
-18:30 horas: Concerto folk de Bruno Villamor.
-23:00 horas: Romaría coa actuación da orquestra Gran Parada.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información