Esta fin de semana celébrase en Guntín a XVI Festa do Pemento de Mougán

Esta fin de semana celébrase en Guntín a  XVI Festa do Pemento de Mougán

De esquerda á dereita, o delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, Jesús Carreira Ferreiro, e a responsable de Cultura da Deputación de Lugo, Pilar García Porto.

Este fin de semana, 26 e 27 de agosto, celébrase no concello lucense de Guntín a XVI Festa do Pemento de Mougán. Este produto autóctono conta con Indicación Xeográfica Protexida e será exaltada nestas xornadas de promoción, organizadas pola Asociación de Produtores do Pemento de Mougán, e que contan cun apoio de 6.000 euros por parte da Deputación de Lugo.

A XVI Festa do Pemento de Mougán arrancará o sábado 26 de agosto, a partires das 12:00 horas, coa actuación da banda municipal. Ás 13:30 será a lectura do pregón a cargo de José Manuel Balseiro, Delegado Territorial da Xunta. Logo será o momento da degustación gratuíta. Ao longo da tarde, haberá música a cargo da Charanga Malo Será e o grupo de acordeóns Gigantes, ademais da actuación do mago Romarín e dun campeonato de tute. Pola noite, estará a cantante do Incio Lucía Pérez e a orquestra Gran Pirámide. O domingo 27 tamén haberá xantar e actuacións musicais.

Un produto de primeira calidade

O pemento de Mougán conta co selo de Indicación Xeográfica Protexida (IXP) dende o ano 2014. A súa zona xeográfica tradicional de produción e elaboración é, precisamente, o nome da parroquia de Mougán, no Concello de Guntín. Unha característica que os diferenza dos pemento de Ourense e de Padrón é o feito de que cando nacen estes fano cara arriba, ao contrario que os dos seus homólogos galegos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información