España, cuarto país europeo en lanzamento de pratos preparados

Un informe do centro tecnolóxico Ainia aconsella a mellora dos valores nutricionais desta gama. Só o 5% dos produtos ten etiquetados relativos a unha porcentaxe baixa de graxas

prato preparado Os pratos preparados, un tipo de comida envasada e lista para o consumo cun mínimo de elaboración, son unha tendencia crecente en España, que ocupa o cuarto posto europeo no lanzamento de novos produtos, segundo se recolle nun informe do centro tecnolóxico Ainia. Encabeza o ranking Reino Unido, onde a metade dos consumidores fai uso alomenos unha vez á semana deste tipo de produtos. Síguenlle Francia e Alemania, con España en cuarto lugar, con arredor do 8% de lanzamentos nesta gama.

A maioría dos pratos preparados no mercado son refrixerados (47%), en tanto un 31% son conxelados e o restante 22% van a temperatura ambiente. O informe do centro Ainia pon de manifesto a necesidade de que os fabricantes alineen os seus lanzamentos coas tendencias do consumidor, en especial no referente ó deseño de pratos con mellores valores nutricionais. Só o 5% dos pratos recolle mensaxes relativos a unha porcentaxe baixa de graxas e aínda son menos os que indican a presenza de fibra integral (2%) ou baixos niveis de sodio (1%).

Outra vía de negocio está nos produtos dirixidos a consumidores con necesidades específicas, coma os celiacos. Produtos máis naturais, con menos conservantes e colorantes, ou que se poidan elaborar cun procesado máis saudable, como a cociña ó vapor, é outra das recomendacións do informe de Ainia.

Unha última vía de negocio radica na elaboración de produtos tipo ‘premium’, con produtos de calidade, mesmo con alimentos de denominacións de orixe ou indicacións xeográficas protexidas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información