A distribuidora galega Vegalsa-Eroski merca 348 millóns de euros ao sector primario

Publicidade
A distribuidora galega Vegalsa-Eroski merca 348 millóns de euros ao sector primario

Vegalsa Eroski mercou no 2018 un total de 20.151 toneladas de carne a provedores galegos

A compañía galega de distribución alimentaria Vegalsa- Eroski continúa impulsando o sector primario do tres comunidades autónomas nas que ten presenza actualmente, Galicia, Asturias e Castela e León, a través das compras que realiza aos 901 provedores de proximidade cos que colabora, valoradas en 348 millóns de euros no ano 2018.

No seu novo modelo de tenda Contigo a compañía concede gran protagonismo á produción local, sobre todo aos produtos frescos de tempada como base dunha alimentación saudable, contando para iso coa colaboración de 673 provedores adscritos ás seccións de frutería e verdulería (24 provedores), carnicería (330), peixaría (90), lácteos (13), panadaría (108), conxelados (40), charcutería (61) e ovos (7). Os 228 provedores restantes están asociados a alimentación.

“Traballamos día a día con pequenos produtores locais e rexionais, para ofrecer aos nosos clientes produtos de calidade e orixe diferenciada. Por iso, consideramos aos nosos provedores locais aliados estratéxicos e traballamos man a man na mesma dirección, porque é bo que sexa de aquí”, explica o director de compras da compañía, Jorge Eiroa.

Especialización en frescos

Por categorías, a carne é unha das categorías máis representativas en compras a produtores locais. Procede das IXPs das Comunidades Autónomas nas que opera como é o caso do IXP Tenreira Galega. En valor de toneladas, en 2018 a compañía adquiriu un total de 20.437 toneladas de carne a provedores locais, das cales 20.151 toneladas adquiríronse a provedores locais galegos e 268 a provedores locais de Asturias e Castela e León.

No que respecta ás froitas e hortalizas, a súa adquisición supuxo no ano 2018 6.500 toneladas da horta galega. Nestas compras ten un papel destacado o convenio que a compañía mantén coa Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (AGACA), renovado este 2019 por oitavo ano consecutivo para a comercialización de produtos galegos de calidade; así como o acordo de colaboración que a empresa mantén desde 2017 coa IXP Pataca de Galicia e a relación comercial con DOP Pemento de Herbón e a IXP Pemento da Arnoia.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información