Día Mundial das Abellas este venres en Allariz

Publicidade
Día Mundial das Abellas este venres en Allariz
Data inicio: 20/05/2016
Data fin: 20/05/2016
Lugar: Allariz, España

O 20 de maio foi declarado por Apimondia (Federación Internacional de Asociacións de Apicultura) o Día Mundial das Abellas e celebrarase ao mesmo tempo en diferentes países do mundo, co obxectivo de divulgar sobre a importancia das abellas e os beneficios que nos aportan.

Este ano a Asociación Galega de Apicultura (AGA) e o concello de Allariz súmanse a esta iniciativa para dar visibilidade e sensibilizar sobre a importancia non só das abellas se non tamén do resto de polinizadores, gracias aos cales se mantén a biodiversidade e a produción de alimentos. Só en Europa, o 84% dos cultivos e o 80% das flores silvestres dependen da polinización dos insectos.

Neste sentido, o Festival Internacional de Xardíns de Allariz, que este ano se titula “Os xardíns do futuro”, será o entorno perfecto para falar da importancia dos polinizadores e do coidado do medio ambiente como garantía de futuro do planeta e dos seus habitantes.

Os xardíns acollerán as actividades programadas, que organizan conxuntamente AGA e o Concello de Allariz, e consistirán en varios obradoiros nos que os participantes vestirán o traxe abelleiro, poderán observar a presencia de abellas e abellóns polos xardíns, elaborarán casas de polinizadores para colocar en hortas e xardíns, candeas de cera de abella e aprenderán a importancia do mel nunha alimentación saudable.

Durante a mañán participarán 300 alumnos e alumnas do colexio de Allariz que, da man do equipo de monitores e monitoras de AGA e concello, visitarán os xardíns e disfrutarán dos obradoiros. Pola tarde a actividade estará aberta tamén ó público visitante dos xardíns.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *