Denuncian atrasos da Xunta de ata 17 días para retirar niños de Velutina

Concellos da Coruña e Lugo piden á Xunta que aumente os medios na loita contra a avespa asiática

Denuncian atrasos da Xunta de ata 17 días para retirar niños de Velutina

Representantes dunha vintena de concellos das provincias da Coruña e Lugo e da Asociación Galega de Apicultura (AGA) reuníronse este venres en San Sadurniño para facer un balance da loita contra a expansión da avespa asiática no Norte de Galicia, a zona máis afectada por esta especie invasora.

Os asistentes á reunión lanzaron unha crítica unánime contra o que consideran «pasividade» da Xunta de Galicia fronte ao avance imparable da vespa velutina. Alcaldes e edís de todas as forzas políticas expresaron o seu descontento pola actuación da Administración autonómica, con atrasos para á retirada de niños de ata 17 días despois do aviso ao 112 ou ao 012, como establece o protocolo.

Por el, alcaldes e representantes dos apicultores demandan á Xunta”máis persoal, formación e medios -a través de Tragsatec” para «máis persoal, formación e medios (a través de Tragsasec)» para afrontar unha praga que non só provoca danos na apicultura, senón tamén na fruticultura e riscos para os traballadores do sector forestal.

Solicitar axudas á UE para a vixilancia e control da avespa asiática

Igualmente, e por proposta da Asociación Galega de Apicultura, acordouse pedir un incremento das axudas por parte da Xunta. Para iso, propoñen que tanto a Administración galega coma a Central opten ás liñas de financiamento da Unión Europea para o control e a vixilancia da avespa velutina e tamén para a investigación.

O documento final acordado remitirase aos 71 concellos da Coruñae Lugo máis afectados pola avespa asiática, os que estaban convocados en San Sadurniño, e unha vez que se solicite o respaldo de todos eles remitirase á Consellería de Medio Rural.

Os concellos tamén acordaron a redacción dunha moción, que haberán de consensuar para a súa aprobación nos respectivos plenos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información