Curso sobre recolección e uso de própole en apicultura

Curso sobre recolección e uso de própole en apicultura

Própole na colmea

Data inicio: 02/12/2017
Data fin: 02/11/2017
Lugar: Trasalba, Ourense, España

A Asociación Apícola Ourensana (Asapou) organiza para o vindeiro 2 de decembro un “Curso de Própole”, un produto elaborado polas abellas de forma natural e que cada vez ten maior demanda para diversas aplicacións, acadando uns prezos interesantes.

As prazas para a xornada do sábado xa están cubertas, pero a organización decidiu abrir a inscrición para un novo grupo para o domingo, 3 de decembro.

A actividade realizarase na Casa Grande de Otero Pedrayo, en Trasalba, no concello ourensán de Amoeiro.

O programa é o seguinte:

11:00 horas. “Própole: Recolección, procesado, propiedades e usos”. Estrella Alfaro Sáiz, doutora en Bioloxía, e Félix Adanero Jorge, licenciado en Farmacia e Ciencia e en Tecnoloxía dos Alimentos pola Universidade de León.

Comida

16:30 horas. Obradoiro de Própole. Elaboración de tintura de própole, mel con própole, xabóns e cosmética con este produto. Relatores: Estrella Alfaro e Félix Adanero. A asistencia está limitada a un máximo de 20 persoas, previa inscrición. O custo para os socios de calquera asociación apícola de Galicia é de 25 euros e para as persoas non socias é de 35 euros.

As inscricións realizaranse enviando un mail a [email protected] ou por teléfono ou whatsapp no 647 48 47 88 (Francisco González).

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información