Coren e Terras Gauda únense para elaborar o novo “Lacón con grelos Coren-A Rosaleira”

Publicidade
Coren e Terras Gauda únense para elaborar o novo “Lacón con grelos Coren-A Rosaleira”

O presidente de Coren, Manuel Gómez Franqueira Álvarez, e o presidente do Grupo Terras Gauda, José María Fonseca Moretón

Os Grupos Coren e Terras Gauda -a través da Rosaleira Conservas Vexetais-, unen forzas para presentar o seu novo lacón con grelos en conserva, elaborado a partir de produtos de máxima calidade procedentes de Galicia.

A experiencia en I+D+i resultou fundamental para preservar e potenciar as propiedades nutritivas e a alta calidade duns ingredientes que representan os estándares de excelencia de ambas as compañías.

O lacón con grelos Coren – A Rosaleira, que remite á mellor tradición gastronómica de Galicia, elabórase con lacón oreado e chourizos Selecta de porcos alimentados con castañas, grelos e patacas. Está concibido como un produto para o día a día, rápido e nutritivo, listo para consumir.

A Rosaleira, incorporada ao Grupo Terras Gauda en 2007, realiza unha supervisión integral dos grelos, amparados pola Indicación Xeográfica Protexida Grelos de Galicia, comezando por unha semente propia que é facilitada a agricultores de confianza. Un equipo propio supervisa sobre o terreo que o vexetal se atopa nas mellores condicións. Nas instalacións do Rosal selecciónase manualmente, escollendo unicamente as mellores follas, e sométese a un procedemento de escalfado que mantén intactas as súas recoñecidas propiedades antioxidantes.

A pataca, da variedade Kennebec, cultívase na Limia e está amparada pola Indicación Xeográfica Protexida Pataca de Galicia.

O lacón con grelos Coren – A Rosaleira presentouse este venres nun acto celebrado no Pazo de Mos, no que interviñeron o presidente de Coren, Manuel Gómez Franqueira Álvarez; o responsable da unidade de Conservas de Coren, Fernando Córdoba; o presidente do Grupo Terras Gauda, José María Fonseca Moretón; e o responsable da Rosaleira Conservas Vexetais, Luís de Lorenzo.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información