Convocadas as axudas para transformación de produtos agrarios

Publicidade

Administración convocante: Consellería do Medio Rural

Enlace axuda: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180112/AnuncioG0426-181217-0010_gl.html

Prazo: Ata 12/02/2018

Resumo:

Medio Rural vén de convocar as axudas dirixidas á transformación e comercialización de produtos agrarios. A liña vai dirixida tanto para industrias xa existentes, sexa cal sexa a súa dimensión, como para empresas de nova creación. As subvencións oriéntanse a apoiar investimentos en activos fixos materiais (instalacións, maquinaria, etc.) e intanxibles que permitan crear, modernizar ou ampliar instalacións destinadas á transformación de produtos agrarios.

A porcentaxe de axuda pode chegar ata o 50% do investimento total, non podendo destinarse máis de 5 millóns de euros por proxecto. Non son subvencionables iniciativas cun investimento total inferior a 60.000 euros.

A orde de axudas, cofinanciada con fondos europeos, conta cun total de 29,1 millóns de euros, 11,6 millóns correspondentes á anualidade 2018 e outros 17,5 ás campañas 2019-2020.

O prazo de solicitude remata o 12 de febreiro.

Balance da convocatoria 2017
Na convocatoria de axudas do 2017, aprobáronse 144 solicitudes cun investimento subvencionable de 74,7 millóns de euros e unha axuda total de case 24 millóns. Por sectores, destacou o lácteo, xa que as subvencións adicadas á transformación do leite representaban preto do 43% do total. En concreto, executáronse 24 iniciativas cun investimento de 34 millóns de euros e que recibiron 10,3 millóns a través desta liña.

Tamén os sectores vitivinícola e cárnico percibiron achegas. O primeiro deles por valor de 5,4 millóns de euros para 64 proxectos, cun investimento total de 15,2 millóns; en tanto no ámbito da carne se apoiaron 23 proxectos cun investimento de 15,8 millóns de euros e unha axuda total de 5,2 millóns de euros.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información