A Consellería acorda co sector o reparto de 5.600 trampas contra a Velutina

A Consellería acorda co sector o reparto de 5.600 trampas contra a Velutina

Reunión de Belén do Campo coas asociacións apícolas

A directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias da Consellería do Medio Rural, Belén do Campo, mantivo este venres unha reunión de traballo coas catro asociacións apícolas de Galicia para avanzar en temas relacionados co sector, entre os que destacan a loita contra a Vespa Velutina. Neste sentido, a Consellería chegou a un acordo co sector para o reparto de trampas do insecto invasor.

Serás as catro asociacións, Agrupación Apícola de Galicia, Asociación Galega de Apicultura (AGA), Abellas Nais e Asociación Provincial Lucense de Apicultores (APLA), as que repartan entre os seus socios as 5.600 trampas que facilitará este ano a Consellería en función do número de colmeas e das zonas afectadas. Este material unirase ás máis de 5.000 trampas e botes de líquido atraente que xa ten entregado Medio Rural nos últimos anos entre os apicultores afectados.

Por outra parte, a directora xeral, que estivo acompañada por outros técnicos do seu departamento, “tamén chegou a un consenso co sector respecto á orde de axudas para os produtores apícolas que en breve publicará a Consellería cun aumento de orzamento respecto a outros anos”, segundo informan dende a Consellería.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información