Competencia suxire que haxa unha arbitraxe especializada na cadea alimentaria

A CNMC publica o informe sobre o Código de Boas Prácticas no sector agroalimentario. Sinala que debe tratarse dun documento de autorregulación de adhesión libre

Competencia suxire que haxa unha arbitraxe especializada na cadea alimentaria

Competencia considera en xeral correcto o Código.

A Comisión Nacional de Mercados y de Competencia (CNMC) publicou un informe sobre o Código de Boas Prácticas na Cadea Alimentaria que ultima o Goberno. Para Competencia, trátase dun documento que se axusta ós requisitos legais, aínda que fai unha serie de recomendacións para a mellora das relacións no sector, entre elas a creación dun sistema de arbitraxe especializado en agroalimentación.

O Código de Boas Prácticas preséntase como un complemento á Ley 12/2013 de la Cadena Alimentaria, disposicións ambas que tratan de mellorar as prácticas de contratación no sector e de evitar conductas comerciais desleais ou abusivas. O Código buscará a adhesión voluntaria das empresas e asociacións do sector.

Como principios básicos para calquera código de autorregulación, a CNMC destaca que a adhesión ó mesmo debe ser libre e que o documento non pode conter cláusulas restrictivas da competencia. Tamén advirte da necesidade dun órgano de resolución de conflictos entre as partes, coa capacidade técnica suficiente.

A este respecto, a Comisión sinala que o sistema de arbitraxe previsto no Código debería contar con certa especialización técnica, ó estilo de países próximos como Gran Bretaña, e emitir resolucións efectivas e vinculantes.

Ademais do sistema de arbitraxe, que publica dictames de obrigado cumprimento para as partes, o Código prevé tamén un sistema de mediación para tratar de que os actores en conflicto cheguen a acordos cando haxa disconformidades de prezos nos contratos alimentarios. O informe da CNMC advirte de que esa mediación debe evitar problemas como a posible fixación directa ou indirecta dos prezos, pola posible aliñación doutros operadores.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información