Comparación de materias activas na loita contra a varroa

Resumo do relatorio de Antonio Pajuelo, consultor apícola de referencia en España, dentro das XVII Xornadas Apícolas do Eume, organizadas pola Asociación Galega de Apicultura (Aga) Eume e a Casa do Mel das Pontes

Publicidade
Comparación de materias activas na loita contra a varroa

Abella parasitada pola Varroa

Actualmente existen no mercado varios tratamentos contra a Varroa Destrutor, sendo o Amitraz, na miña experiencia, o máis recomendado polo seu grao de efectividade e debido a que non se detectaron resistencias.

En apicultura ecolóxica, están autorizados, entre outros, o ácido fórmico, que chega a matar en fase larvaria, aínda que presenta o inconveniente de que é moi corrosivo. En canto ao Timol, necesita de temperaturas ambiente de entre 15 e 30 graos para que funcione. Recoméndase aplicalo mellor en colmeas con raíña nova e fortes. Repele a posta da Varroa nas zonas de aplicación. O po de Timol non é agradable para as abellas, polo que se recomenda aplicalo mesturado con vaselina.

O ácido oxálico é un dos tratamentos, na miña experiencia, con maior efectividade. Torra ás varroas (e tamén a abellas e cría se hai sobredose). Débese utilizar sen cría, diluído en xarope, mollando as abellas. Se se utiliza con cría hai que multiplicar as aplicacións. É corrosivo para a pel, ollos…. polo que hai que ter precaucións especiais de manexo. Débese ter a man unha botella de auga para diluír.

pajuelo_01_tratamientos

pajuelo_02_tratamientos

Como medir a efectividade dos tratamentos?

En calquera destes tratamentos, é necesario esperar de 20 a 30 días para medir a súa efectividade real. O ciclo de cría da Varroa rompe se hai entre 30 e 40 días de efectividade do tratamento.

Recomendacións:

-Controlar as condicións de aplicación, para cubrir 2 xeracións de varroa:

.De 3 a 4 días de difusión na colonia + con cría só de obreira: 2 x (12  1) = 26 días

.Con cría de abázcaro: 2 x (16  1) = 34 días

-Pódese prolongar a efectividade repetindo aplicacións (posible en pequenos colmeares próximos). Tamén utilizando soportes de liberación lenta: placas perforadas, evaporadores, substratos porosos…

Fondos sanitarios:

Algunhas varroas caen ao fondo da colmea por accidente, por manipulacións do apicultor, por despiollamento (grooming)…En fondo macizo engánchanse ás abellas e volven subir.

Para evitar isto hai no mercado fondos sanitarios de colmea transformados, con malla ou con barras paralelas. Colocándoos conséguese que as varroas que caen non poidan subir. O problema é que o efecto sobre a diminución de varroas é do 25 ao 30 %, que non é significativo, pero axuda á loita contra este parasito.

Por último, incidir na necesidade dunha correcta utilización dos acaricidas, para evitar que os resíduos pasen á cera e ao pole. Comprobouse que as colmeas con maior nivel de residuos de acaricidas presentan menor actividade e a calidade do seme dos seus zánganos é inferior.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información