¿Como diferenciar á Vespa Velutina das avespas autóctonas?

Na loita contra a Vespa Velutina con frecuencia confúndense este tipo especie invasora con outras avespas autóctonas. O entomólogo e membro do equipo de Protección Civil de Cambre explica como diferencialas.

¿Como diferenciar á Vespa Velutina das avespas autóctonas?

Exemplar de Vespa Velutina: o abdome máis escuro e as patas amarelas no seu extremo son as súas principais características

Non é Vespa Velutina todo o que parece. Na loita contra esta especie invasora, que está a provocar importantes danos na apicultura e no medioambiente, con frecuencia confúndese a vespa asiática con outro tipo de especies autóctonas.

Para evitar destruír confundir niños ou exemplares de Vespa Velutina con doutros tipos de himenópteros autóctonos, moitos dos cales son presa tamén da avespa asiática, ofrecemos as seguintes recomendacións para diferencialos.

Vespa crabro:

Os avespóns galegos, cuxo nome científico é Vespa crabro, reciben distintos nomes dependendo da zona da xeografía galega: avesouro, abábaro, abázcaro, carrizos, etc…

Trátase dunha especie que leva en Galicia moitos anos e que só ten provocado problemas puntuais aos apicultores nalgunhas zonas de Ourense e Lugo cando, polas condicións de desenvolvemento natural do niño, atacan as colmeas, pero convivían perfectamente apicultores e vespas.

Sen embargo, dende o ano 2014, como consecuencia da alarma social que se creou debido á Vespa velutina, especia invasora tamén denominada vespa asiática, “a Vespa Crabro foi moitas veces destruía porque a confundían coa vespa asiática”.

Exemplar de Vespa Crabro: 

CRABRO_VESPA

Niño de Vespa Crabro, coa entrada por o extremo inferior: 

VESPAS_NIÑO_CRABRO

A principal diferencia é que ten o abdome amarelo e as patas marróns. Pola contra, a Vespa Velutina ten a meirande parte do seu abdome negro e as súas patas son amarelas na terminación.

En canto ao niño, a diferencia da Velutina, o da Vespa Crabro é máis pequeno, con colonias que non solen superar os 1.000 individuos, fronte aos ata 15.000 que pode albergar un niño de vespa asiática. Ademais, mentres que na Velutina a entrada ao niño sole estar no lateral, no do avespón europeo sole estar no fondo.

Por último, o niño da crabro sole estar construído nun tronco oco, nun refuxio, ou a veces no solo, nunca na parte superior das árbores, como si fan as velutinas.

Vespula germanica:

Común na península e inofensiva para as abellas.

VESPAS_GERMANICA

vespas_vespula_germanica

Vespula vulgaris

A vespa común, abundante na península e inofensiva para as abellas. Está sendo atacada pola Vespa Velutina.

VESPAS_Vespula_vulgaris

Dolichovespula Media:

Non se deben eliminar. De feito é unha especie que está en perigo de extinción en Galicia porque a Vespa Velutina cázaas. Son inofensivas sempre que un non se achegue ao avespeiro.

AVESPAS_dolichovespula-sylvestris_1je

AVESPAS_Dolichovespula-media-(Retzius-1783)-nido-628060Megachile Cetuncularis:

Segundo Lolo Andrade, “esta é unha abella que aniña nas colmeas e os apicultores adoitan matala. Sen embargo é moi beneficiosa para o medioambiente xa que é unha especie polinizadora moi importante”. O niño faino con follas enroscadas e nos compartimentos pon os ovos, e posteriormente néctar e pole, co que se alimenta. A diferencia doutras especies de avespas, esta non molesta á abella para nada e non se alimenta das larvas da abella.

AVESPAS_megachile-centuncularis_1no

VESPA_MEGACHILE

VESPA_MEGACHILE_2

Avespa alfareira:

É unha avespa moi beneficiosa para o medioambiente. Constrúe unha pequena vasixa de barro e pon nela un ovo. Unha vez eclosionado aliméntao de larvas de pragas hortícolas, principalmente. Aniña moito nas caixas das persianas. Están sendo eliminadas sen control.

AVESPAS_AVESPA_ALFAREIRA

AVESPAS_AVESPA_ALFAREIRA_2

Megascolia:

É unha avespa xigante europea, inofensiva para as abellas e que está sendo aniquilida. A pesar do seu gran tamaño (uns 5 centímetros incluíndo as antenas) e de tratarse do maior himenóptero de Europa, cada vez resulta máis difícil atoparse cun exemplar de Megascolia maculata flavifrons.

A diferenza do que se pode pensar ao vela por primeira vez, M. maculata é practicamente inofensiva e non ataca ao ser humano, a non ser está claro que senta ameazada ou que sexa manipulada. Posúe un aguillón impoñente (só a femia) así como unhas mandíbulas acordes ao seu gran tamaño. A súa picadura en principio non reviste maior gravidade que a de calquera outra avispa, aínda que a súa mordedura dado o tamaño das súas mandíbulas si pode ser bastante máis dolorosa. En calquera caso é preferible non comprobalo.

Trátase dun animal solitario que non forma colonias.

VESPAS_MEGASCOLIA

Avispa Polistes Gallicus ou Avespa Papeleira:

Tamén estase reducindo a súa poboación debido á actividade humana e á depredación da Vespa Velutina.

AVESPA_avispa_papelera_amarilla_001

AVESPA_avispa_papelera_amarillA_NIÑO

Bombilido:

Non representa un perigo nin para os apicultores nin para o ser humano.

AVESPA-bombilido-dictamo-arbusto-capullo

Una idea sobre “¿Como diferenciar á Vespa Velutina das avespas autóctonas?

  1. Escolopendra

    O terceiro ninho que sai nas fotos nom é de Vespula vulgaris, trata-se de um ninho e exemplares de Polistes sp.

    Contestar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información