Comeza este domingo en Láncara a Festa da Tenreira Galega

Comeza este domingo en Láncara a Festa da Tenreira Galega

Á esquerda, o alcalde de Láncara, Darío Piñeiro López, e o presidente da Deputación, Darío Campos Conde

Este domingo, 29 de abril, celebrarase a XX Edición da Feira Degustación da Tenreira Galega de Láncara, que se prolongará ata o martes, 1 de maio. O evento foi presentado este venres en Lugo polo alcalde de Láncara, Darío Piñeiro López, e polo presidente da Deputación, Darío Campos Conde.

Espérase que este ano visiten Láncara preto de 3.000 persoas e que se degusten máis de 1.500 quilos de tenreira galega, que se servirán ao caldeiro ou á grella, a 14 euros por ración, acompañadas de queixos feitos con leite do municipio, ademais de pan e bebidas.

A programación do evento inclúe actuacións musicais, stands de produtos autóctonos, o sorteo de varias tenreiras, un concurso de cabalos e un concurso de gando no que participarán máis de 100 cabezas de res. Ademais, este ano como, novidade haberá compra e venda de produtos da horta, e stands de cervexa ecolóxica.

Velaquí a programación:

Domingo, 29 de abril
Programa en directo da Radio Galega (Somos Quen), dende o Campo da Feira.
Campionato de tute benéfico, a favor da asociación Raiolas.

Luns, 30 de abril
Festa dos Maiores
13:00 horas.- Recepción da corporación no Campo da Feira.
13:30 horas.- Actuación musical do dúo Muralla.
14:00 horas.- Xantar.
16:00 horas.- Actuación musical do dúo Muralla.
17:30 horas.- Despedida do Alcalde.

Martes, 1 de maio
11:00 horas.- Pasarrúas, grupo musical.
11:30 horas.- Apertura das exposicións.
12:00 horas.- Recepción de Autoridades.
12:15 horas.- Visita aos stands de produtos do agro, a carne, a sidra, os queixos, o mel e a horta.
12:30 horas.- Degustación de queixos, e de sidra ecolóxica.
12:45 horas.- Percorrido pola feira, e visita á zona de exposición de gando.
13:00 horas.- Actuación do grupo Peleiriños.
13:30 horas.- Pregón a cargo da profesora Inmaculada Vázquez Fernández.
14:00 horas.- Xantar.
16:00 horas.- Actuación de grupo musical.
17:00 horas.- Entrega de premios de concurso de gando.
17:30 horas.- Sorteo dunha terneira doada pola Granxa Gayoso Castro da Deputación.
18:00 horas.- Exhibición deportiva das escolas municipais no Pavillón.

Ademais ao longo de toda a xornada o grupo de gaitas da asociación cultural Val de Láncara actuará polas rúas da vila.

20 anos de celebración

O alcalde de Láncara agradeceu a implicación da Deputación ao longo destes anos na promoción desta Feira. “Se hoxe cumprimos 20 anos, foi gracias a institucións como a Deputación, que sempre apostaron por citas destas características que contribúen a dinamizar un Concello pequeno como Láncara, pero que son fundamentais para a súa posta en valor”, resumiu. Ademais avanzou que o Concello impulsará esta feira para que sexa Declarada de Interese Turístico de Galicia, tras cumprir 20 anos.

O Goberno da Deputación é a única administración, xunto con Concello, que colabora coa promoción deste evento. Faino a través da Granxa Gayoso Castro, coa doazón dunha terneira para sortear entre os asistentes, e ademais sufraga a actuación do grupo musical os Peleiriños.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información