Clesa lanza os seus novos batidos de bombón e vainilla

Clesa lanza os seus novos batidos de bombón e vainilla

A marca Clesa, propiedade de ACOLAT, participada por cooperativas galegas como Clun ou Aira, amplía a súa gama de produtos lanzando ao mercado os seus novos batidos Bombón e Vainilla para beber.

Estes son os dous sabores nos que estarán dispoñibles e que farán as delicias dos máis pequenos da casa que poderán gozar non só do seu sabor senón tamén do seu envase que terá como protagonistas aos personaxes de “A Patrulla Canina”.

Os novos batidos para beber de Clesa apostan polo carácter saudable, xa que están elaborados cun 90% de leite e conteñen un 50% menos de azucres engadidos, sen edulcorantes.

Clesa, con sede en Caldas de Reis (Pontevedra) forma parte das cooperativas lácteas galegas a través da Agrupación de Cooperativas Lácteas SL (ACOLAT), elaborando iogures e sobremesas lácteas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información