Clesa introdúcese na gama de postres infantís

A empresa, xestionada por cooperativas galegas, lanza un iogur sabor chocolate dirixido ós máis pequenos, 'Mini bombón Kids', e 'Jelly Milk', unha xelatina con sabores de fresa e limón. Saca tamén ó mercado natillas e unha crema de bombón branco

Clesa introdúcese na gama de postres infantís

Imaxe da gama de produtos 'Jelly Milk'.

Clesa quere entrar na gama de postres infantís con dous novos produtos, ‘Mini bombon kids’, unha versión para os máis pequenos dos seus iogures ‘crema bombón’, de sabor chocolate, e con ‘Jelly Milk’, unha xelatina que se presenta con dous sabores, limón e fresa.

A industria galega, xestionada por unha agrupación de cooperativas lácteas (Acolact), tamén saca ó mercado outros dous produtos dirixidos a toda a familia, natillas e a crema bombón de chocolate branco.

Co lanzamento de ‘Mini bombón kids’ e de ‘Jelly Milk’, Clesa trata de posicionarse no mercado de postres infantís, un dos segmentos que está a alza, con crecementos do 4% anual, segundo a compañía. ‘Jelly Milk’ é un postre que combina a xelatina cun 20% de leite. A gama, composta de dous sabores, fresa e limón, non contén colesterol nin graxas e está elaborado cun 50% menos de azucre do habitual.

O segmento de postres infantís experimenta crecementos do 4% anual

En canto a ‘Mini Bombón Kids’, trátase dunha versión para os máis pequenos da clásica ‘Crema bombón’ de Clesa, un dos produtos da empresa que mellor aceptación teñen no mercado. ‘Mini Bombón Kids’ comecializarase sen lactosa, cun 50% menos de azucre e cunha textura cremosa e de sabor suave.

As novas apostas da empresa complétanse con outros dous produtos dirixidos a toda a familia, natillas e a crema de bombón branco, orientada ó sabor do chocolate branco.

As novidades de Clesa, igual que todos os produtos que xa ten no mercado, elabóranse na fábrica de Caldas de Reis e usan leite galego 100%.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información