Castroverde celebra o 12 de agosto a súa Feira de Artesanía e Gastronomía

O programa inclúe degustacións, música, demostracións ao vivo de oficios tradicionais, postos de artesanía e alimentación, expectáculos de maxia, desfile de moda e concentración de coches e motos clásicas

Publicidade
Castroverde celebra o 12 de agosto a súa Feira de Artesanía e Gastronomía

Ambiente da Feira de Artesanía de Castroverde. Foto: Manuel Fuentes

O Concello de Castroverde celebra o domingo 12 de agosto a XIII Feira de Artesanía e Gastronomía , que inclúe degustacións, música, demostración de oficios tradicionais, postos de artesanía e gastronomía, espectáculos de maxia, desfile de moda e a VI Concentración de Motos e Coches Clásicos.
A Feira de Artesanía de Castroverde está cargada de tradición pero tamén de innovación e de actividades para todos os públicos durante todo o día, unha xornada repleta de cousas que facer en familia, con oferta para nenos e maiores e unha asistencia que acostuma rozar as 5.000 persoas, con persoas chegadas de toda a provincia de Lugo, o que a fai unha das máis concorridas da comarca tanto polo público asistente coma polo número de participantes. En total, xúntanse un cento de postos chegados de toda Galicia e mesmo de León, polo que esta cita preséntase coma unha oportunidade única para atopar productos exclusivos da man dos seus autores. 
 
Ademáis contará con degustacións gastronómicas e moito máis, xa que durante todo o día haberá obradoiros artesanais nos que se poderá participar a calquera hora do día e demostración ao vivo de oficios tradicionais. Porque xunto coa variedade, outro dos aspectos máis destacables desta celebración é a participación. Durante todo o día os asistentes poden asistir ás demostracións de oficios en vivo e mesmo animarse a probar coa olería, a cestaría ou a confección de instrumentos musicais. A Feira de Artesanía de Castroverde é un evento para desfrutar das tradicións, dos oficios de sempre: o cesteiro, o oleiro, o panadeiro, a teceira, etc. 
 
Participan obradoiros, artesáns, distintos establecimentos e veciños da vila, que se implican na organización das distintas actividades que complementan a feira en si, como a concentración de motos e coches clásicos, que pola mañá realizarán un percorrido pola vila de Castroverde, desfiles de moda e unha gala de maxia a cargo dos ilusionistas Pedro Bugarín, Owy e Manuel Lamas. Durante todo o día, distintos grupos de música de Castroverde e de concellos veciños como Pol animarán a xornada e porán a parte festiva á feira. 
 
O campo da feira, un entorno con moito encanto
 
A Feira de Artesanía de Castroverde, que chega este ano á súa edición número 13, celébrase desde o 2005 nos pendellos da feira de Castroverde, na área recreativa Veiga do Olmo. O lugar en si supón un atractivo espazo restaurado e situado a carón do río e dunha carballeira onde se pode, por exemplo, comer o polbo ou descansar.
 
Castroverde é un concello da provincia de Lugo que mantén aínda unha importante actividade agrogandeira e celebra a súa feria tradicional en domingos alternos durante todo o ano. O emprazamento fai que sexa unha das feiras con máis encanto da provincia de Lugo.

Programa

10:00 horas – Apertura da feira ao público
11:00 horas – Obradoiros artesanais de olaría, cestaría, de latón cerámica, feltro e de instrumentos musicais. Poderase acceder a eles ó longo de todo o día
12:00 horas – Recepción de autoridades e inauguración da feira. Actuación da Asociación Cultural e Musical Zuncurrundullo, de Castroverde. Percorrido polo recinto feiral
12.30 horas – Presentación do libro “El caballero Verde” (Novela histórica do S. XIV ambientada no castelo de Castroverde) a cargo do escritor Ricardo Polín
13:00 horas – Degustación dunha cata de cervexa galega elaborada de forma artesanal, por cortesía de Cervexas Píntega
13.30 horas – Desfile de moda organizado por María Nogueira
– Colección Adeus, Marey by Sergio Marey
– Vestidos e complementos, September Clementina
– Vestiario imaxinario, Cestería Viva-Lola Tourón
– Colección inspirada en Frida Khalo, Fabiolo
14:00 horas – Pregón a cargo do publicista Castroverdense Jose Enrique González Muñoz
14:30 horas – Actuación da charanga Tuba e Dalle, de Rábade. Xantar típico galego
17:30 horas – Actuación musical Leña Verde, de Pol
19:00 horas – Actuación teatral co espectáculo “Duncan de Palleiro” a cargo da compañía Lila Teatro no recinto das piscinas municipais
20:00 horas – Gala de Maxia  cargo dos Magos: Pedro Bugarín, Owy e Manuel Lamas, no aparcadoiro das piscinas municipais.
castroverde_programa CASTROVERDE_CARTAZ
image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información