“Cachelos Conde”: a pataca galega tradicional lánzase a polo mercado español

A empresa Patatas Conde, con sede en Xinzo de Limia, aposta por potenciar no mercado español os seus “Cachelos Conde”. Este produto, acollido á Indicación Xeográfica Protexida Pataca de Galicia e ao selo de Galicia Calidade, xa supón o 20% en volume e o 50% en valor das vendas da empresa.

Publicidade
“Cachelos Conde”: a pataca galega tradicional lánzase a polo mercado español

Poñer en valor a pataca tradicional galega, apostando pola súa distribución nos principais mercados do resto de España. Con esta filosofía a empresa ourensá Patatas Conde lanzou ao mercado en 1996 os seus “Cachelos Conde”, un produto de calidade diferenciada, recoñecido no mercado e que aspira a seguir aumentando as súas vendas fóra de Galicia.

Como identificar aos Cachelos Conde?

As patacas de Cachelos Conde están inscritas desde o ano 1996 no Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Pataca de Galicia, prodúcense fundamentalmente na comarca da Limia, e pasan uns rigorosos controis de calidade, tanto durante o seu cultivo como no proceso de colleita e envasado

“Todas as patacas proceden da variedade Kennebec, a cor da carne é branca, a textura é firme ao tacto, cremosa ao ser cocida e consistente na boca. Ademais, ao ser unha pataca producida con menos regadío e menores rendementos por hectárea, ten un maior contido en materia seca, mantendo as súas calidades de cor, aroma e sabor despois de ser cociñadas”, explica Paula Pérez, responsable do Departamento de Calidade de Patatas Conde.

As colleitas son adquiridas aos agricultores da Limia por medio dun contrato estable a varios anos. “E ata agora sempre vendemos o total da produción contratada”, destacan desde a empresa ourensá.

Mercado en auxe para a pataca galega no resto de España

Os “Cachelos Conde” comercialízanse en dous formatos de bolsas de papel de 3 e de 4 quilogramos, sendo o primeiro o preferido polos clientes. As súas vendas concéntranse tanto en Galicia como, sobre todo, no resto de España, principalmente en Madrid, Barcelona, Bilbao, Sevilla, Córdoba, Valencia e Málaga.

Patacas Conde distribúe directamente os seus produtos a Alcampo e Froiz en Galicia. No resto de España, o seu principal mercado, comercialízanse a través de grandes distribuidores en mercas (Mercamadrid, Mercabarna…) que distribúen os Cachelos Conde a supermercados, froiterías e pequenas tendas.

Ao tratarse dun produto de tempada, estas patacas están dispoñibles no mercado soamente durante uns meses ao ano, aproximadamente desde setembro a marzo.

En canto á evolución das vendas, dos 11 millóns de quilos de tubérculo comercializados por Patacas Conde na campaña 2015-2016, 2,1 millóns corresponderon aos Cachelos, “aínda que en valor representa aproximadamente o 50% das nosas vendas totais de pataca para consumo”, matiza Paula Pérez. E se se analizan os datos da colleita de 2016, ata o momento as vendas globais de Patacas Conde xa supera os 6 millóns de quilos, dos que 1,3 millóns é de tubérculo amparado pola IXP Pataca de Galicia.

“O prezo é máis elevado, pero o cliente valora a súa calidade”

O seu prezo de venda ao público é superior á pataca procedente doutras zonas , “algo que o consumidor está disposto a pagar porque a calidade culinaria da pataca galega tradicional é excepcional e é valorada tanto no mercado galego como no español”, destaca a responsable do Departamento de Calidade de Patatas Conde.

En canto ás perspectivas de futuro, Paula Pérez destaca que “esperamos seguir mellorando a calidade das producións, aínda que iso supoña unha menor cantidade”. E que a meteoroloxía acompañe para que a colleita de 2017 sexa mellor que a do pasado ano.

Aposta por Galicia Calidade

Desde o ano 2010 os “Cachelos Conde” están amparados polo selo de Galicia Calidade, que esixe o cumprimento dun prego de condicións, sendo a principal que sexan patacas producidas na Comunidade, da variedade Kennebec e que estean amparadas tamén pola IXP Pataca de Galicia.

As vantaxes de sumarse a este selo son, segundo a responsable do Departamento de Calidade de Patatas Conde, “que engade máis garantías ao produto de fronte ao consumidor e tamén que nos beneficiamos do labor de difusión e promoción que fai Galicia Calidade nos medios”.

Las patatas están acogidas a la IGP Pataca de Galicia

Patatas Conde: dun pequeno almacén a vender máis de 11 millóns de quilos de patacas

Patatas Conde S.L. nace a principios da década dos 70 nun pequeno almacén de Ourense, na Praza da Mariña. Na década dos oitenta amplía o seu campo social a venda por xunto de patacas, trasladándose á zona produtora por excelencia de patacas en Galicia: Xinzo de Limia, e iniciando a comercialización do produto a todo o territorio nacional e á exportación.

Ao longo deste tempo realizou un proceso de selección para acabar traballando cos maiores produtores tanto da Limia como do resto do país, e supervisando todo o proceso.

A día de hoxe Patatas Conde conta con 26 traballadores repartidos nos distintos centros que ten nas zonas de Xinzo de Limia (Ourense), Fuentespreadas (Zamora) e Villar de Torre (A Rioxa).

Comercializa tanto pataca para consumo como para industria, así como pataca de sementeira de todas as variedades. En 2016 desde os seus almacéns de Xinzo de Limia venderon máis de 11 millóns de quilos de patacas.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información