Axenda para gozar dos mellores produtos galegos esta fin de semana

A axenda desta fin de semana ofrece unha completa oferta de festas e xornadas para degustar os mellores produtos do outono galego: castañas en distintas elaboracións no Courel, cocido con Porco Celta en Manzaneda, queixo e nabiza en Curtis ou os viños espumosos galegos, aos que Santiago de Compostela e Salvaterra de Miño lles dedican eventos especiais.

Axenda para gozar dos mellores produtos galegos esta fin de semana

Festa da Pisa da Castaña no Courel

Xornadas gastronómicas e de recuperación do Porco Celta en Manzaneda

As VIII Xornadas Gastronómicas e de Recuperación do Porco Celta de Manzaneda celebraránse o sábado e o domingo na vila ourensá e inclúen unha mostra de artesanía. O sábado abrirase a xornada ás 11:45 cunha matanza tradicional e ás 14:00 horas será o xantar cun cocido de porco celta como plato estrela. Poderase degustar no restaurante O Pendón facendo reserva no 988 33 30 01.

Pola tarde haberá unha charla técnica sobre o Porco Celta a cargo do Inorde e de Asoporcel. Durante todo o día haberá un taller de talla de madeira.

O domingo ás 10:00 abrirá a Mostra de Artesanía, que incluirá tamén un concurso de cociña. A mediodía sortearase un Porco Celta. Haberá xantar centrado nesta raza autóctona e a mostra de artesanía pechará ás 17:30 horas.

Descarga aquí o díptico das xornadas.

II Festa do Viño Espumoso de Rías Baixas en Salvaterra

Durante toda a fin de semana celébrase na localidade pontevedresa de Salvaterra de Miño a II Festa do Viño Espumoso para catar os mellores espumosos da Denominación de Orixe Rías Baixas.

A inauguración será o sábado pola mañá. Pola tarde, ás 18:00 horas haberá un curso de iniciación ao mundo dos viños espumosos impartido por Luis Padín. Para asistir é necesario facer reserva previa no concello. A xornada rematará cunha maridaxe a cargo do cociñeiro Paco Corral e con actuacións musicais.

O domingo, a partir das 11:00 horas abrirán os stands no Castelo de Dona Urraca para amosar e catar os viños espumosos de Rías Baixas. Pola tarde, ás 18:00 horas, haberá unha cata popular para a que hai que inscribirse previamente no Concello. A festa rematará coa actuación musical do grupo Voces do Arrieiro.

Descarga aquí o programa completo.

Camiño das Burbullas: degustación dos mellores espumosos galegos en Santiago de Compostela

Vinte establecementos de Santiago de Compostela ofrecen ata este sábado unha selección dos mellores viños espumosos galegos, que o público poderá degustar a prezos comúns tanto en copa como en botella. O “Camiño das Burbullas. Ruta dos Escumosos Galegos” conta co patrocinio de Mar de Frades.

Os locais participantes son: A Horta D’Obradoiro, A Casa da Viña, A Curtidoría, A Nave de Vidán, Artesana GastroBar, Bodeguilla de San Láxaro, Bodeguilla de San Roque, Bodeguilla de Santa Marta, Castelao Bar Tapería, Garum Bistró, Arco de Mazarelos, La Casa de la Marquesa, La Cavita, O Celme do Caracol, Reno, O Ferro, The Burguer Lobby, The Seafood Bar, Brasería a Grella.

En total poderán degustarse ata 18 escumosos galegos distintos: Mar de Frades Brut Nature, Avó Marcelo, Feitizo da Noite, Eidosela Burbujas del Atlántico Brut Nature, Eidosela Burbujas del Atlántico Extra Brut, Eidosela Burbujas del Atlántico Brut, Etra Brubujas del Atlántico, Brinde de Rosas, Chris Vino Espumoso Brut, Sensem Laxas, Alba Martín, Danza, Señorío de Rubiós Condado do Tea Blanco Brut, Señoria de Rubiós Condado do Tea Brut Nature, Nande Tinto, Burbujas de Baladiña, Lua Jazz Brut Galicia e Espumoso Altos de Torono.

 XVII Festa da Pisa da Castaña Seca no Courel

A Asociación Fonte do Milagro organiza este domingo, 6 de decembro, a XVII Festa da Pisa da Castaña Seca. Será na aldea de Froxán, en Folgoso do Courel.

As actividades están abertas ao público. O programa é o seguinte.
11:30. Acendido do Sequeiro
12:00. Homenaxe a Librería Celia de Quiroga
12:15: Demostración da Pisa e Abandoxado da castaña.
13:30: Pregón a cargo do humorista, actor e presentador. J. Antonio Touriñán.
14:00: Xantar degustación do menú do Pisador. Consiste en castañas secas cocidas con chourizo e panceta e tarta de castañas do Courel. O prezo do menú é de 10 euros e inclúe a participación no sorteo dunha cesta de Nadal con produtos do Courel.
16:00: Retomamos o Pisado e Abandoxado
Foliada libre, pode apuntarse durante a xornada quen o desexe.
Non faltará a música durante a xornada
20:30 Remata a PISA 2015

A XVII Festa da Pisa da Castaña conta coa colaboración do Concello de Folgoso do Courel e da Deputación Provincial de Lugo.

Festa da nabiza e do queixo de Curtis

O Concello de Curtis organiza este domingo a ruta gastronómica do caldo de nabiza e do queixo de Curtis, unha festa na que colaboran 23 establecementos hostaleiros dos núcleos de Teixeiro e de Curtis. O evento desenvolverase este domingo 6. Con cada consumición, os locais ofrecerán de xeito gratuito unha tapa con estes produtos típicos da comarca.

A Festa da nabiza e do queixo de Curtis complétase cunha ruta moteira invernal, organizada polos ‘Auténticos de Curtis’, que se desenvolve por oitava edición.

Descarga o díptico cos locais participantes na Festa da nabiza e do queixo de Curtis

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información