Aceites Abril presentou o seu virxe extra ecolóxico en Biofach 2015

Desde Aceites Abril destacan a importancia de participar nesta importante cita, xa que supuxo unha excelente ocasión para “aumentar a presenza da compañía dentro dun mercado cada vez máis demandado e puxante”.

Aceites Abril presentou o seu virxe extra ecolóxico en Biofach 2015

A compañía ourensá Aceites Abril participou entre os pasados 11 e 14 de febreiro en Biofach 2015, a principal feira de produtos orgánicos do mundo, que se celebrou na cidade alemá de Nuremberg. A firma contou co seu propio stand dentro do amplo espazo expositivo -con preto de 2.350 empresas- no que mostraron a súa gama de aceites virxe extra ecolóxicos.

Desde Aceites Abril destacan a importancia de participar nesta importante cita, xa que supuxo unha excelente ocasión para “aumentar a presenza da compañía dentro dun mercado cada vez máis demandado e puxante”. Os aceites desta gama destacan polo seu marcado selo de calidade e por un máximo respecto ao medio ambiente, xa que o cultivo da oliva realízase seguindo as técnicas da agricultura ecolóxica e trátase sempre con produtos naturais.

A Feira Biofach 2015 congregou a máis de 44.000 visitantes e profesionais procedentes de 136 países. A cita combinouse coa feira de produtos naturais de beleza Vivaness ofrecendo un completo escaparate mundial dos artigos baseados no respecto ao medio ambiente, unha filosofía que tamén se comparte desde a firma ourensá.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información