A Xunta e InLac asinan un convenio para fomentar o consumo de leite e lácteos

Publicidade
A Xunta e InLac asinan un convenio para fomentar o consumo de leite e lácteos

Descende o consumo de leite en España

A Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia e a Interprofesional Láctea (Inlac) acaban de asinar un acordo para promover o consumo de leite e de derivados lácteos dentro dunha alimentación saudable.

En concreto, este convenio ten como principais liñas de actuación obter o consenso sobre recomendacións de consumo de alimentos de orixe láctea de acordo aos estándares e recomendacións nacionais e internacionais e promover o desenvolvemento de programas divulgativos e de formación para mellorar o coñecemento dos hábitos de consumo dunha alimentación saudable.

Ademais, o acordo márcase como obxectivo impulsar a investigación e innovación buscando os posibles efectos beneficiosos e nutricionais dos lácteos, como o deseño de novos produtos innovadores e de calidade. Así mesmo, o convenio ten como obxectivo buscar alternativas para facer fronte ás demandas dos consumidores, fomentando novos hábitos e formas de consumo e poñer en marcha calquera outra actividade que redunde na mellora da saúde da poboación e na adopción de hábitos de vida saudables.

Descende o consumo de leite en España

Tal e como corroboran os estudos científicos, o leite e os seus derivados destacan polo elevado contido en proteínas de alto valor biolóxico, polo seu contido en calcio e pola súa achega de graxas e vitaminas liposolubles.

En Galicia o consumo sitúase en case 90 litros-persoa-ano -por encima da media nacional que é de 73 litros-persoa-ano-, constitúe a principal fonte de calcio da dieta. Con todo, nos últimos anos o consumo de leite presenta unha tendencia decrecente en toda España

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información