3.000 kilos de carne de boi galego serán degustados nas xornadas gastronómicas de Allariz

3.000 kilos de carne de boi galego serán degustados nas xornadas gastronómicas de Allariz

Boi de raza Limiá criado nos montes de Penamá, en Allariz

Seis bois de Allariz veñen de ser sacrificados para a degustación da súa carne recoñecida polas súas especiais características gastronómicas. Cunha media de 450 kg cada exemplar, a hostalería de Allariz disporá de máis de 3000 kilos de carne de boi criado nos prados de Allariz para elaborar os seus menús.

Ademais, os 6 bois, de razas autóctonas, limiá e caldelá,  permitirán a elaboración de tapas e pratos especiais que o conxunto da hostalería de Allariz ofrecerá a partir do 28 de setembro nas Xornadas de Carne de Boi de Allariz, para que  tanto veciños e veciñas como visitantes gocen desta carne con valor gastronómico importante. As xornadas teñen por obxectivo a exaltación deste manxar producido en Allariz, en concreto nos  montes de Penamá.

Esta actividade, enmarcada dentro do programa Allariz Sabe, trata de poñer en valor a produción local de carne de boi que pretende, ademais, contribuír á  dinamización económica da localidade.

O proxecto de cría e comercialización de carne de boi de Allariz naceu no ano 2011 co obxectivo de recuperar a base territorial e facer explotacións produtivas, previr os incendios e apoiar á hostalería ofrecendo un produto de calidade. Este plan de dinamización permite a comercialización de exemplares nados e criados en Allariz, no Monte Penamá, e cebados na explotación “O Rego”, en Coedo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información