20 establecementos de Allariz ofrecerán carne de boi ata o 13 de outubro

20 establecementos de Allariz ofrecerán carne de boi ata o 13 de outubro

O concello ourensán de Allariz acaba de presentar os menús e tapas que ofrecen máis de 20 establecementos hostaleiros que participan na oitava edición das Xornadas de Carne de Boi de Allariz e que se desenvolverán ata o 13 de outubro.

A hostalería alaricana participa no concurso de tapas cuxo ingrediente principal é exquisita  carne de boi de Allariz. As tapas serán cociñadas de moitos xeitos distintos e os comensais atoparán dende empanadillas, callos, carpaccio ….etc.

As persoas que degusten as diferentes tapas, mínimo catro, poderán votar no concurso cubrindo a tarxeta de votación e optando, así, a varios premios, como un mandil conmemorativo das xornadas, unha comida para dúas persoas (para os/as que consuman mínimo 9 tapas) e un vale de 200€ para investir no comercio local para a persoa que sexa quen de consumir todas as tapas.

Das votacións dos/as clientes/as extraerase a mellor tapa e outorgarase un diploma ao local hostaleiro galardoado.
Toda a información en https://www.allariz.gal/carnedeboi/

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información