12 empresas agroalimentarias galegas participarán na I Feira Internacional de Importación de China

12 empresas agroalimentarias galegas participarán na I Feira Internacional de Importación de China

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, e Shi Ming Fang, presidente da multinacional chinesa Bright Food,

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, e Shi Ming Fang, presidente da multinacional chinesa Bright Food, principal accionista da conserveira Albo, mantiveron este domingo un encontro en Santiago de Compostela que permitiu seguir avanzando nas alianzas comerciais entre China e Galicia.

Grazas á colaboración entre a Xunta e esta compañía, unha ducia de empresas galegas do sector da alimentación que se xa se están comezando a identificar participarán da man de Bright Food na primeira edición da China International Import Expo, que se celebrará en Shanghai do 5 ao 10 de novembro.

Este encontro, impulsado polo Goberno chinés como un firme apoio á liberalización do comercio e co obxectivo de abrir este mercado asiático ao mundo, configúrase como unha oportunidade única para as empresas galegas, que apostan pola innovación e a calidade como clave para introducirse na que é xa a segunda economía mundial. Segundo a organización, espérase que arredor de 150.000 compradores chineses e de todo o mundo participen na China International Import Expo.

Na reunión, Conde amosoulle a Shi Ming Fang a importancia para Galicia desta acción conxunta para que empresas galegas participen nesta cita no stand de Bright Food, unha colaboración acordada na reunión mantida polo conselleiro de Economía, Emprego e Industria coa vicepresidenta de Bright Food, Yu Liping, o pasado mes de marzo.

Ambos encontros permiten consolidar as relacións comerciais entre Galicia e China, que se viron fortalecidas coa misión comercial que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, encabezou ao país asiático en xuño do ano pasado para presentar a calidade dos produtos galegos.

O grupo Bright Food, con capital 100% estatal, está formado por 94 filiais que xestionan máis de 125 marcas. As súas principais liñas de negocio son a industria alimentaria, o sector inmobiliario e outros como o turismo, a maquinaria agrícola, a roupa infantil ou produtos de biomedicina, entre outros.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información