Este fin de semana celébrase a Festa do Tinto das Rías Baixas

Publicidade
Publicidade
Este fin de semana celébrase a Festa do Tinto das Rías Baixas
Data inicio: 09/07/2016
Data fin: 10/07/2016
Lugar: As Neves, Pontevedra, España

Este fin de semana, 9 e 10 de xullo, celébrase na localidade pontevedresa das Neves a XI Festa do Tinto das Rías Baixas. Aínda que minoritarios, nesta DO cada vez cobran máis forza os viños tintos elaborados tanto coas variedades recomendadas (Caíño tinto, Espadeiro, Loureira tinta e Sousón) como coas castes autorizadas (Mencía e Brancellao).

O programa deste xoves contempla unha cata profesional a cargo de Pedro Ballesteros, único Master of Wine do estado español, ás 18:00 horas no mercado municipal. Para poder inscribirse contactar no 986 64 80 38 ou por mail a turismo.asneves@fegamp.gal.

Para mañá venres está prevista unha cata maridaxe ás 21:00 horas, tamén no Mercado Municipal. Para poder inscribirse nesta actividade, que ten un custo de 15 euros, chamar ao 686 978 607.

E a fin de semana chegará o programa máis completo con numerosas actividades.

Sábado:

Ás 10:00 horas: Ruta de sendeirismo con visita a adegas. Actividade gratuíta. Para participar chamar ao 687 523 230 ou enviar un correo a info@rutadelvinoriasbaixas.com.
11:00 horas: Apertura da Festa na Praza Maior.
12:00 horas. Actuación musical a cargo do grupo Ronco & Fol.
12:00 a 14.30 horas: Túnel do Viño, onde se poderán catar algún dos mellores viños da DO. Co sumiller Nacho Costoya. Prezo: 10 euros. No Mercado Municipal.
13:00 horas: Pregón a cargo de Pablo Américo Saa González, profesor de viticultura e enoloxía do CIFP A Granxa de Ponteareas.
20:30 a 22:00 horas: Túnel do Viño dirixido por Nacho Costoya.
22:30 horas: Actuación musical de Pelepau, na Praza Maior.
24:00 horas: Concerto de The Tetas Van. Na Praza Maior.

Domingo:
11:00 horas: Apertura da Festa na Praza Maior.
12:30 a 14:30 horas: Túnel do Viño con Nacho Costoya no Mercado Municipal.
13:00 horas: Concerto da Banda de Música Popular de Rubiós. Na Praza Maior.
18:00 horas: Espectáculo infantil de La Triska Inmobile, da compañía Isla Le Triska. Praza Maior.
21:00 horas: Peche da festa.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información