Os prezos medios do leite en Galicia e en España frean a súa caída en agosto

O prezo medio en orixe do leite sobe un 0,3% en agosto en Galicia ata os 0,277 €, a metade que en España, onde subiu un 0,6% ata os 0,297 euros/litro.

Os prezos medios do leite en Galicia e en España frean a súa caída en agosto

O prezo en orixe do leite de vaca subiu en España un 0,6% en agosto, respecto ao mes anterior, ao pasar dos 0,297 euros/litros percibidos de media polos produtores españois en xullo aos 0,299 euros/litro de agosto. En Galicia a subida foi da metade, un 0,3%, ao pasar de 0,276 euros/litro de media en xullo a 0,277 en agosto.

Así se desprende do informe de Declaracións Obrigatorias do Sector Vacún de Leite publicado polo Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) correspondente ao mes de agosto. Aínda que moi tímida, é a primeira subida do prezo do leite desde o mes de febreiro deste ano, no que mes tras mes os gandeiros foron acumulando baixadas no prezo do leite.

prezos_leite_FEGA_agosto

Galicia mantén o mesmo porcentaxe de produción que antes do fin das cotas

España produciu en agosto pasado un total de 564,73 millóns de quilos, e era Galicia a máis produtora, con 217,04 millóns de quilos.

Se comparamos o período abril-agosto, desde que se suprimiron as cotas lácteas, Galicia leva producidos 1,126 millóns de toneladas de leite, o 38,14% do total estatal, que se situou en 2,952 millóns de toneladas.

Se comparamos estas cifras de produción co mesmo período de 2014 os datos arroxan unha produción en Galicia de 1,087 millóns de toneladas sobre un total estatal de 2,808 millóns, o que situaba á comunidade galega co 38,71% da produción española, practicamente o mesmo porcentaxe que na actualidade.

Segue baixando o número de gandeiros

En agosto pasado, contabilizábanse 16.695 gandeiros que realizaban entregas de leite de vaca a 301 compradores, e era Galicia a comunidade co maior número de gandeiros (9.307), seguida por Asturias (2.126), Cantabria (1.429) e Castela e León (1.399). Desde xaneiro pecharon en Galicia 301 explotacións lácteas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información